O alumnado do cole escribiu nunha tarxeta a súa palabra preferida EN GALEGO, para agasallar aos peregrinos e peregrinas.
Un xeito ben fermoso de achegar a nosa lingua á xente que pasa polo Concello de Palas de Rei.
Todas as "Verbas no camiño" atópanse no punto de información dos Chacotes... canta ilusión lle fai ás peregrinas e aos peregrinos levar unha palabra galega ao seu lugar de orixe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario