Durante o primeiro trimestre, e dentro do PDI ( PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO) que estamos a facer no cole, chamado "Palas é Camiño", fixemos este estudo do Camiño Francés. Podedes ver aquí o noso supertraballo que tamén se pode visitar nos corredores do centro. ♥️
martes, 25 de enero de 2022
martes, 18 de enero de 2022
Entrevistas na rúa
O alumnado de 5º EP bótase á rúa para coñecer máis de preto como é a vida no Camiño: na administración de lotería, nunha libraría, na casa dun pataqueiro, no centro de saúde...Atendede!!!
lunes, 17 de enero de 2022
Emocións do camiño
Algunhas das familias dos peques de 3 aniños cóntannos anécdotas do Camiño de Santiago. Sen dúbida, historias cheas de emoción e boas sensacións, todo un gustazo oílas!
viernes, 14 de enero de 2022
Así vivimos o camiño
As nenas e os nenos de 6º de infantil tiñan unha morea de preguntas sobre o camiño de Santiago, pero Miriam, Monse, Muriel e Pili resolveron todas as súas dúbidas, contándonos unhas experiencias do máis interesante. Escoitade!
Como é o teu traballo?
Hoxe é a quenda do alumnado de 1º EP. Seguimos coñecendo oficios relacionados co Camiño de Santiago. Escoitade moi atentas e atentos, porque este alumnado ten grandes dotes para o xornalismo; entrevistan a Sandra e a Rocío. Seguro que as coñecedes!
jueves, 13 de enero de 2022
Quen arranxa as bicis no Camiño?
Na segunda entrega de audios relacionados co Camiño de Santiago é a quenda do alumnado de 6º de Primaria.
Entrevistan a Suso Freire, que ten como oficio arranxar bicicletas.
Canto aprendemos...
miércoles, 12 de enero de 2022
O Camiño dende ollos dun taxista
O alumnado de 3º EP entrevista a Juan, taxista no noso concello. Prestade moita atención porque nos conta o seu día a día no camiño.
Xogo do Camiño
Xogamos con Tina Calixtina e requeteencantounos ♥️🐢♥️
-
Durante o primeiro trimestre, e dentro do PDI ( PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO) que estamos a facer no cole, chamado "Palas é Camiño&qu...
-
O alumnado do cole escribiu nunha tarxeta a súa palabra preferida EN GALEGO, para agasallar aos peregrinos e peregrinas. Un xeito ben fermos...